menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Os superheroes de Lego Marvel e Bob Esponja, en abril nas canles infantís

18/04/2016
Blog R

Prefires a Bob Esponja, ao Rey León ou aos superheroes de Lego Marvel? Todos eles danse cita nas canles infantís en abril.

A chegada aos cines de ‘Capitán América: Civil War’ revolucionará aos máis intrépidos da casa. Para mitigar a espera, a grella de Disney XD (dial 160) carga os seus súperpoderes ao estrear ‘Lego Marvel Súper Héroes: Vengadores Reunidos’. Do luns 18 ao venres 22, ás 20:00 h., as aventuras están nas mans desta nova serie curta de animación na que Ultrón tomará o control sobre Iron Man, conseguindo que o resto de vingadores permanezan máis unidos que nunca. Capitán América, Thor, Hulk, la Viuda Negra, Ojo de Halcón e Visión tentarán derrotar o seu inimigo e recuperar a este prezado membro do equipo.

Con motivo da celebración do Día da Terra, as pegadas dos recentemente chegados desde a mismísima sabana cobren a grella televisiva de Disney Junior (dial 161). E é que, tras unha longa espera, o luns 18 de abril, ás 18:00 h., chega á canle ‘La Guardia del León’, a serie que retoma a historia do coñecido clásico de Disney, O Rey León. O segundo fillo cachorro de Simba e Nala, tralo seu ascenso ao trono como líder dunha manda formada polos felinos máis valentes e astutos, decide desafiar a tradición familiar e formar un equipo cos seus amigos. Entre eles atópase Bunga, un texón sen medo a nada; Fuli, un confiado guepardo; Beshte, o hipopótamo feliz; e Ono, unha gaceta en grao sumo intelectual.

Na cociña de Nickelodeon (dial 151) está a prepararse un prato moi especial: a segunda edición de ‘La Esponja Cocinera’, o evento máis delicioso dende a invención das cancreburguers. Preguntácheste algunha vez quen traballou como cociñeiro do Crustáceo Crujiente antes que Bob Esponja? Que pasaría se o Señor Cangrejo decidise vender pan de salchicha no canto das súas famosas cangreburgers?

Neste especial poderás desfrutar dos mellores episodios de Bob Esponja, o cociñeiro máis peculiar da televisión, ademais de participar coas túas receitas máis orixinais. Oído cociña? Non perdas ‘La Esponja Cocinera 2’ a partir do próximo luns 25 de abril ás 19:50 h. e saca ao gran cociñeiro que levas dentro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*