menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Os demos de Robert Kirkman chegan a FOX con ‘Outcast’

02/06/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea en España ‘Outcast’ o luns 6 de xuño ás 22:20h. É a nova serie sobre exorcismos do creador de ‘The Walking Dead’.

‘Outcast’ é a adaptación do cómic homónimo de Skybound/Image creado por Robert Kirkman e o debuxante Paul Azaceta. Está protagonizada por Kyle Barnes, un mozo que sufriu posesións demoníacas toda a súa vida e que inicia unha viaxe en busca de repostas. O que descobre podería cambiar o destino do mundo para sempre.

Patrick Fugit (‘Perdida’) interpreta a Barnes, un home afeito a separarse dos que ama por medo a facerlles dano. Philip Glenister (‘Life in Mars’) dálle vida ao reverendo Anderson, un evanxelista de Virxinia que se ve a sí mesmo como un soldado na guerra santa que libra Deus contra as forzas do demo na Terra. É un bebedor empedernido e un xogador, convencido de que Deus non pretende que as persoas se preocupen por esas pequenas cousas. Gabriel Bateman (‘Stalker’) interpreta a Joshua Austin, un neno de 8 anos que vive no mesmo pobo que Kyle e que parece estar posuído polo demo. Unha posesión cunha clara e misteriosa conexión con Kyle Barnes.

Robert Kirkman (‘The Walking Dead’) é o creador e produtor executivo de ‘Outcast’, que tamén conta con Chris Black, David Alpert, Sharon Tal Yguado e Sue Naeglo como produtores executivos.

Atticus Ross (‘La red social’, ‘Milennium: Los hombres que no amaban a las mujeres’) é o responsable da banda sonora da serie. Este é a estrea televisiva de Atticus, gañador dun Grammy, un Globo de Ouro e un Óscar.

‘Outcast’ conta cunha primeira entrega de 10 episodios e xa está confirmada a súa segunda tempada.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

1 comentario

  1. Jose Alberto di:

    Deseando llegue el momento para verla y algo me dice que esos diez capítulos se me están quedando cortos desde ya !…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*