menú

Odisea vístese de Olímpica

08/07/2016
Blog R

Odisea (dial 54) fai a súa particular achega á cita olímpica coa emisión da especial ‘Odisea Olímpica’. Os mércores, xoves e domingos de xullo.

A programación especial arrinca o mércores 13 de xullo con ‘Deportes al rojo vivo’. Cada mércores, ás 22:50 h, un repaso a esa minoría de grandes deportistas aos que se lles define non só polas súas proezas físicas. A algúns se lles lembra tamén por estar no epicentro dalgúns dos grandes momentos da historia moderna. Cando deporte e poder chocan, todo o mundo se detén e observa.

Os xoves ás 16:00 h, a partir do xoves 14, ‘Brasil secreto’ convídanos a coñecer algúns dos lugares menos coñecidos do país anfitrión dos Xogos Olímpicos. Por exemplo, o Pantanal, ao sur da conca do Amazonas, o humidal máis grande do mundo. Un clima qua alterna grandes inundacións con constantes secas forza aos animais a cambios constantes no seu hábitat. A choiva trae un importante número de criaturas acuáticas; a seca, historias de superación e supervivencia.

E o domingo 17 de xullo, ás 22:50 h, chega ‘Río, ciudad anfitriona’. O 5 de agosto de 2016, Río de Janeiro convértese na primeira cidade suramericana que alberga uns Xogos Olímpicos. O especial descobre a esencia da cidade, as súas xentes, a súa cultura e toda a emoción que se respira mentres se preparan para a cita olímpica.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios