menú

Odisea estrea ‘El loco mundo de Donald Trump’

06/05/2016
Blog R

O excéntrico multimillonario é o protagonista do documental ‘El loco mundo de Donald Trump’ que Odisea (dial 54) estrea o domingo 8 de maio ás 22:50h.

O pasado verán, Donald Trump irrompeu na carreira pola presidencia dos Estados Unidos. Malia o seu machismo recalcitrante, os seus plans para prohibir a entrada de musulmáns ou a súa idea de construír un muro na fronteira con México, o seu discurso está a mobilizar a unha gran parte do electorado republicano. Pero, quen é realmente este magnate dos negocios convertido en fenómeno Trump?

Para os seus partidarios, que lembran á masa entusiasta que fixo gañador a Obama en 2008, Trump vai salvar ao seu país. Para os seus detractores, é a imaxe dun personaxe mediático egocéntrico e esaxerado.

O documental xira ao redor dunha difícil pregunt, ¿é Donald Trump o fiel reflexo da sociedade estadounidense actual?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios