menú

O Oeste, Star Wars e Pepinillo e Cacahuete, protagonistas en setembro nas canles infantís

06/09/2016
Blog R

Nickelodeon (dial 151) estrea ‘Perdidos en el Oeste’ e mergúllase en Slime Fest. Disney XD, pola súa banda, preséntanos a ‘Pepinillo y Cacahuete’ e aos Freemaker en ‘Star Wars: Las aventuras de los Freemaker’.

En setembro, chega a Nickelodeon (dial 151) a triloxía ‘Perdidos en el Oeste’, unha xenial aventura de dous irmáns que viaxan ao afastado Oeste. A parte 1 estréase o venres 9 de setembro ás 21:05 h. Chip e Dave son dous medio irmáns moi distintos, un é un rompecorazóns e outro un fanático da ciencia e os experimentos. Ambos os dous viaxan no tempo por culpa dun experimento científico errado. Fano a través dun buraco negro e terminan en 1885, onde se verán implicados nunha aventura no lonxano oeste. Están ridículos vestidos de vaqueiros do oeste, non saben manexarse entre cordas e chapeus, pero fan equipo con dúas mozas da época e así se enfrontan aos seus inimigos e tentan atopar a maneira de volver ao presente.

Na segunda parte, que se emite o venres 16 ás 21:05 h, Chip e Dave volven ao lonxano oeste para arranxar os problemas que causaron na súa primeira vez alí. Volven reunirse coas súas vellas amigas para tratar de enfrontarse ao seu inimigo principal, queres descubrir quen é? E na terceira parte, Chip queda atrapado no lonxano oeste e só o seu irmán Dave pode rescatalo. Con axuda dalgúns aliados que non son precisamente os seus amigos… Cres que o salvarán e conseguirán non modificar o futuro? A resposta, o venres 23 de setembro ás 21:05 h.

A volta ao cole é máis amena en Disney XD (dial 160) coa chegada da nova serie ‘Star Wars: Las aventuras de los Freemaker’ o sábado 10 de setembro ás 09:00 h. A nova proposta da saga galáctica máis seguida de todos os tempos está nesta ocasión ambientada nun universo LEGO no período entre ‘El Imperio Contraataca’ e ‘El Regreso del Jedi’.

A serie céntrase nos Freemaker. Son uns irmáns que, ademais de rebuscar en vertedoiros espaciais e reconstruír naves e curiosos dispositivos, teñen unha tenda na que venden aquilo que atopan e na que realizan pequenas reparacións. A través dos dous primeiros episodios de pura acción, os telespectadores
reviven as aventuras dos personaxes en coñecidas localizacións da popular saga cinematográfica.

O luns 12 de setembro, Disney XD volve á carga cos seus almorzos seriéfilos e estrea ‘Pepinillo y Cacahuete’ ás 07:45 h. A atípica amizade entre Pepinillo e Cacahuete sorprende á audiencia cunha nova comedia na que dous adolescentes que viven nun pequeno pobo se atopan ante a aventura de comezar o seu último ano de instituto. Ambos están decididos a pasar o ano máis divertido das súas vidas antes de facerse maiores e ter que adquirir novas responsabilidades.

As cámaras de Nickelodeon achéganse ao Slime Fest para facer o mellor resumo xamais filmado. Toneladas e toneladas de slime (blandiblú ou moco de gorila), moita diversión e as actuacións dos artistas invitados: Calum,Benjamin, Eva Ruiz e Furious Monkey House. Ademais, obradoiros tecnolóxicos nos que xogar con drons e robots e un photocall con algúns dos personaxes máis famosos da canle para poder facer fotos con eles. Apunta a data! Mércores 28 de setembro ás 19:25 h.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios