menú

O mundo de fantasía de Jim Henson, en TCM

22/09/2016
Blog R

TCM (dial 3) lembra ao pai dos Teleñecos o sábado 24 de setembro de 2016, o día en que cumpriría 80 anos.

Jim Henson definíase simplemente como un titiriteiro e soñaba con crear un mundo cheo de fantasía, poboado por criaturas que, máis aló das pantallas, vivisen sempre no corazón do público. Foi o pai dos Teleñecos, é dicir, de personaxes como Epi e Blas ou a ra Gustavo, ‘o reporteiro máis dicharacheiro’. Grazas a eles, moitos nenos aprenderon a diferenza que hai entre preto e lonxe, aquí e alá, ou a contar ata dez. Logo tentou ampliar os seus horizontes fundando The Jim Henson Company e colaborou en películas como ‘Dentro del laberinto’ ou ‘Cristal Oscuro’. A súa morte chegou demasiado pronto, cando só contaba 53 anos, vítima dunha pneumonía, deixándonos orfos da súa inmensa imaxinación e creatividade.

TCM lembra a esta gran figura da animación emitindo en exclusiva o documental ‘Jim Henson: un mundo de fantasía’, un traballo no que se repasa a vida e a carreira deste artista e no que se analizan as innumerables achegas que lle fixo ao mundo do cine e a televisión en programas tan lendarios como ‘The Muppet Show’ ou ‘Fraggel Rock’. Un documental que conta cos testemuños dos seus fillos Lisa, Cheryl, Brian e Heather; de íntimos amigos como os directores Frank Oz e John Landis, da actriz Candice Bergen e de antigos membros do programa ‘Sesamo Street’, como Bob McGrath e Carroll Spinney.

James Maury Henson naceu en Greenville, Mississippi, o 24 de setembro de 1936. O segredo do seu éxito radicaba en dotar de vida a unhas criaturas que eran adoradas por nenos e adultos. Quizais porque, como el mesmo repetía, ‘todos vivimos nun mundo de fantasía e imaxinación cando somos nenos e, para algúns de nós, ese mundo continúa cando medramos’.

Sábado 24 de setembro
22:00 h: ‘Jim Henson: con su propia voz’ (‘In their Own Words: Jim Henson’, 2015)

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios