menú

O misterio chega a COSMO con ‘La semilla del diablo’

16/05/2016
Blog R

COSMO (dial 25) estrea o venres 20 de maio ás 22:30h a miniserie ‘La semilla del diablo’ (Rosemary’s Baby).

Trátase dunha adaptación da novela de terror do mesmo nome escrita por Ira Levin e que deu lugar á famosa película de 1968 interpretada por Mia Farrow.

A protagonista principal é Zoe Saldana (‘Star Trek’, ‘Guardianes de la Galaxia’).

Rosemary (Saldana) e Guy (Patrick J. Adams) son un matrimonio americano que se muda a París despois de sufrir un traumático aborto para emprender unha nova vida e deixar atrás as pantasmas do pasado.

Alí coñecen aos Castevets, un matrimonio adiñeirado formado por Roman (Jason Isaacs) e Margaux (Carlote Bouquet), que axudarán á xove parella a cumprir todos os seus soños. Danlles a benvida ao edificio e aos poucos involúcranse na súa vida. Rosemary queda de novo embarazada e a carreira de Guy florece.

En París vive tamén Julie (Christina Cole), amiga de Rosemary, unha moza que se preocupa pola saúde da súa amiga. Guy, pola súa banda, comeza a pasar moito tempo con Roman Castevet e menos con Rosemary. A esposa de Roman, Margaux, ofrécelle o seu apoio e unhas herbas para axudala no embarazo.

Con todo, unha inquisitiva Rosemary comeza a investigar o edificio e os seus residentes anteriores e descobre un misterio que aos poucos tentará aclarar.

‘La semilla del diablo’ foi adaptada por James Wong (‘American Horror Story’) e dirixida por Aknieszka Holland (‘Treme’, ‘The Wire’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios