menú

O elefante, protagonista en Nat Geo Wild

09/08/2016
Blog R

Nat Geo Wild (dial 55) únese á celebración do Día Internacional dos Elefantes o venres 12 de agosto coa estrea de tres documentais a partir das 18:00 h.

En ‘El pequeño gigante’, que se estrea o venres 12 de agosto ás 18:00 h, coñecemos ao pequeno E, un elefante que acaba de nacer nunha familia que tenta sobrevivir nun dos lugares máis icónicos de Kenia: a reserva Masái Mara. Por desgraza para todos os membros da manda, hai unha forte seca que os obriga a vivir movéndose, buscando auga e comida. Leóns, hipopótamos e mesmo persoas interrompen o seu camiño, pero van superando todos os obstáculos con determinación e, ás veces, mesmo cun sorprendente sentido do humor. Cando chega o final da súa viaxe, queda patente que os seus actos non só demostran que teñen unha natureza intelixente e afectuosa que pode rivalizar coa nosa, ademais transmite unha mensaxe coa que todos podemos sentirnos identificados: non hai nada como a familia.

Xusto despois, a canle estrea ‘En la mente del elefante’, un documental que analiza como viven e pensan os elefantes, tomando como base unha investigación revolucionaria que, en gran parte, se desenvolveu especialmente para este programa. Gravado coas tecnoloxías máis avanzadas e coa beleza de África como pano de fondo, este programa axúdanos a entender aos máis grandes dos mamíferos terrestres.

Pecha este especial de programación a estrea de ‘Los jardineros del Edén’ ás 20:50 h. Esta produción mostra como os elefantes africanos corren un serio perigo de extinción a causa do comercio ilegal de marfil. Mentres os ecoloxistas claman contra a situación e os gobernos corruptos non fan nada por deter a matanza, unha familia valente traballa desde hai décadas por reverter a situación, elefante a elefante. Este documental mostra de primeira man a labor da organización David Sheldrick Wildlife Trust en Kenia. Esta organización está en primeira liña e fai un esforzo heroico por deter aos furtivos, rescatar aos elefantes que quedaron orfos ou feridos e sacalos adiante para máis adiante volver liberalos e que vivan no seu hábitat natural.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios