menú

O Dr. Seuss protagoniza un especial en Syfy

23/05/2016
Blog R

A última fin de semana de maio, Syfy (dial 27) emite un especial con dúas das películas inspiradas nas creacións do popular autor de literatura infantil, o Dr. Seuss, cuxas obras son fonte inesgotable de historias para Hollywood. Sábado 28 e domingo 29 de maio ás 22:00h.

Horton e Lorax son os personaxes saídos da imaxinación do Dr. Seuss que protagonizan o especial de cine de animación.

Na película do sábado, ‘Horton’, a historia céntrase nun elefante. É o único coa sensibilidade suficiente para salvar a unha minúscula comunidade que ninguén cre que existe, para desconcerto do resto de animais. Jim Carrey e Steve Carell interpretan as principais voces.

Na cinta que se emite o domingo, ‘Lorax: En busca de la trúfula perdida’, a criatura Lorax loita por protexer a Terra coa súa maxia. Ademais, axudará a un pequeno amigo a conseguir a moza dos seus soños. Voces de Danny de Vito, Zac Efron e Taylor Swift.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*