menú

Coñece a Noddy e desfruta do rock en novembro

03/11/2016
Blog R

A ‘Escuela de Rock’ de Nickelodeon (dial 151) e Noddy, o novo detective que chega a Canal Panda (dial 152), tráennos un mes moi entretido nas canles infantís en novembro.

‘Escuela de Rock’ chega a Nickelodeon (dial 151) o luns 7 de novembro ás 21:00 h. Inspirada na película homónima, ‘School of Rock’, interpretada por Jack Black e Miranda Crosgrove, a estrela de ‘iCarly’, esta nova produción trae rock and roll, amizade e moita diversión. ‘Escuela de Rock’ céntrase nun grupo de estudantes que sempre seguiron as regras do colexio correctamente ata que ven como o seu novo profesor, Mr. Dewey, cambia a vida do curso escolar. Con métodos pouco convencionais, utilizará a linguaxe do rock´n´roll para inspirar á súa clase e así poder formar unha banda de rock secreta.

Canal Panda (dial 152) preséntanos a Noddy o luns 7 ás 14:30 h. ‘Noddy, detective en el país de los juguetes’ supón a volta á televisión do personaxe de ficción creado por Enid Blyton. Noddy vive no colorido e máxico mundo de Toyland, onde os xoguetes cobran vida e protagonizan apaixonantes aventuras. Coa axuda do libro ‘Quién-Qué-Dónde’ e do seu kit de investigación, Noddy indaga e atopa pistas para resolver os misterios de Toyland e conseguir que todo volva á normalidade.

Dende o luns 7 de novembro ao venres 11 de novembro, a partir das 19 h, Disney Junior (dial 161) outorga protagonismo na súa programación á princesa Sofía. Emite un especial de programación cheo de maxia coa estrea de cinco novos episodios da terceira tempada da serie e as películas ‘La Princesa Sofía: Érase una vez una princesa’, ‘La Princesa Sofía: La maldición de la Princesa Ivy’ e ‘La Princesa Sofía: El palacio flotante’.

‘Star Wars Rebels’, a versión animada da coñecida saga galáctica, volve a Disney XD (dial 160) coa estrea de novos episodios da terceira tempada o luns 7 de novembro ás 16:00 h. Aparecen novos personaxes, como o Gobernador Pryce ou o Gran Almirante Thrawn, que se converterá nun dos principais antagonistas da tempada.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*