menú

Nicole Curtis salva edificios históricos en ‘Enganchada a las reformas’

22/11/2016
Blog R

COSMO (dia 25) estrea ‘Enganchada a las reformas’ o luns 28 de novembro ás 21:10 h.

As casas en ruínas chegaron a COSMO xunto á heroína que as repara. ‘Enganchada a las reformas’ é un dos programas de rehabilitación de casas máis populares, actualmente en emisión en Estados Unidos. Está presentado por Nicole Curtis, unha nai solteira cunha gran personalidade que salva casas históricas antes de que se veñan completamente abaixo.

Unha vez renovada, hai unhas condicións para os novos propietarios de obrigado cumprimento: deberán manter a súa estrutura principal e comprometerse a non derrubar a construción nun futuro próximo.

Traballando en Detroit e Minneapolis, Nicole rehabilita casas ruinosas listas para a demolición e reconstrúe a súa estrutura orixinal, cando estaban na súa época máis gloriosa.

Curtis empuña o seu martelo con habilidade e devolve propiedades en ruínas, moitas delas xa na listaxe de demolicións previstas, á súa grandeza histórica.

Este programa de reformas consta de 14 episodios por tempada, sendo as tres últimas (tempada 5, 6 e 7) as que se emitirán en COSMO de luns a venres na mesma franxa de programación na que se emitía ‘MasterChef Italia’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios