menú

Nickelodeon estrea ‘Fuera de bromas’

10/01/2017
Blog R

O sábado 14 de xaneiro, ás 19:25 h, Nickelodeon (dial 151) estrea ‘Fuera de bromas’, o primeiro concurso no que os nenos gastan bromas aos adultos usando efectos especiais.

‘Fuera de bromas’ é o novo programa de Nickelodeon no que catro nenos unen as súas forzas cos mellores profesionais dos efectos especiais para gastar divertidísimas e elaboradas bromas aos adultos. E todo queda gravado con cámara oculta.

Dous equipos formados por dous nenos cada un (amigos ou irmáns) alíanse cun par de verdadeiros expertos en efectos especiais de Hollywood, competindo por gastar a mellor broma a descoñecidos e gravalo absolutamente todo cunha cámara oculta. Tras ver todos os vídeos, un xurado de elite escolle a mellor de entre todas as bromas e o equipo gañador pode elixir a quen gasta a ‘MEGA BROMA’ do día, amigos e familiares incluídos.

‘Fuera de bromas’ non é un prank show calquera; é un auténtico espectáculo no que os espectadores descobren como se preparan os efectos especiais da man dos mellores profesionais do sector e coa axuda de nenos cheos de creatividade e imaxinación.

Orangutáns montando en carriño de golf e atravesando cadros, perigosos dinosauros soltos pola cidade, unha vendedora de xeados convertida nun polo humano e moitas, moitas explosións falsas no novo programa de Nickelodeon.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios