menú

‘New Girl’ volve a FOX Life

30/06/2016
Blog R

FOX Life (dial 28) estrea a quinta tempada de ‘New Girl’ na madrugada do martes 5 de xullo, tras o cine, ás 00:35 h

Ao final da cuarta tempada, os compañeiros de piso protagonistas tiveron que facer fronte a algúns axustes. Jess (Zooey Deschanel) e Nick (Jake Johnson, ‘Jurassic World’) esqueceron a súa relación, aínda que secretamente deixaron a porta aberta a unha futura reconciliación. Schmidt (Max Greenfield, ‘La gran apuesta’) declarouse á súa eterna noiva Cece (Hannah Simone, ‘Oldboy’), que non tivo dúbidas e aceptou. Winston (Lamorne Morris, ‘Suburban sons’) deu un paso clave cara á madurez converténdose nun policía entregado e o adestrador (Damon Wayans, Jr, ‘Happy endings’) abandonou o piso e foise a Nova York.

Na quinta tempada, ‘New Girl’ contará co seu episodio número 100. Jess dáse conta de que prefire pasar máis tempo cos pais do seu noivo, interpretado polo actor convidado Taran Killam (’12 años de esclavitud’), aos que dan vida Henry Winkler (‘Royal Pains’) e Julie Hagerty (‘Aterriza como puedas’).

Doutra banda, a nai de Cece, interpretada pola estrela convidada Anna George (‘The lovely bones’) chega á cidade para asistir á festa de prometida da súa filla; mentres, Nick e Schmidt tentan levar un bar e converter o piso nun Airbnb. Outras estrelas convidadas inclúen a Fred Armisen (‘Portlandia’), Rob
Riggle, John Cho (‘Sleepy Hollow’) e Nasim Pedrar (‘Scream Queens’).

Unha das incorporacións máis esperadas dos novos episodios é Megan Fox (‘Transformers’), que participa en cinco capítulos da nova entrega desta exitosa comedia.

‘New Girl’ é unha creación de Liz Meriwether, unha guionista nova e practicamente descoñecida ata que decidiu crear a Jess Day, unha moza divertida, optimista e vital que en certa medida ser parece moito a ela mesma. É un tanto sarcástica, ten unha lingua afiada e unha predilección clara polas lentes de
pasta. Meriwether asegura que soubo que Zooey Deschanel era perfecta para interpretar a Jess en canto a coñeceu. De feito, Deschanel implicouse moito na intepretación do personaxe, participando na elección do vestiario e converténdose en produtora da serie.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios