menú

Un Nadal con Monty Python en TCM

20/12/2016
Blog R

Un Nadal de cine. Esa é a proposta de TCM (dial 3) para a tarde do domingo 25 de decembro, un dos días máis especiais do ano.

Un Nadal, ademais, cheo de sorrisos porque todas as películas que forman parte da programación desa xornada pretenden iso: arrincar as gargalladas dos espectadores.

Diso encargaranse os inimitables Monty Python, mestres da ironía e o vandalismo máis salvaxe con dúas das súas mellores películas: ‘La vida de Brian‘, unha visión alternativa da época de Xesucristo, e ‘Los caballeros de la mesa cuadrada y sus locos seguidores’, a súa particular versión das lendas artúricas. Surrealismo, sarcasmo e moita ironía.

Este ano, por tanto, non hai ningunha dúbida. Ademais de turróns e cava, no menú de Nadal hai que facer oco para as risas que ofrece TCM con algunhas das mellores comedias da historia do cine. O mellor complemento para ter unha boa dixestión do Nadal.

Axenda domingo 25 de decembro
15:35 h: ‘La vida de Brian’ (‘Life of Brian’, 1979)
17:10 h: ‘Los caballeros de la mesa cuadrada y sus locos seguidores’ (‘Monty Python and the Holy Grail’, 1975)


 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

  1. Freddy Miguel di:

    Les faltó otra muy buena de ellos el sentido de la vida, pena que no la pasen también