menú

National Geographic Channel estrea ‘Matar a Reagan’

02/01/2017
Blog R

‘Matar a Reagan’ analiza o intento de asasinato de Ronald Reaga. Estréase o domingo 8 de xaneiro ás 19:30 h en National Geographic Channel (dial 50).

A produción é unha nova entrega da saga de documentais de ficción producidos por Ridley Scott. Segue a senda de ‘Matar a Lincoln’, ‘Matar a Kennedy’ e ‘Killing Jesus’. Recrea os momentos previos ao intento de asasinato contra o que foi o cuadraxésimo Presidente da historia dos EEUU.

Cynthia Nixon, a actriz de ‘Sexo en Nueva York’, encabeza o elenco xunto a Tim Mathison (‘El ala oeste de la Casa Blanca’), que interpreta a Ronald Reagan, e Kyle S.More (‘Brooklyn Nine-Nine’), que se converte en John Hinckley Jr, o home que disparou ao presidente e que proximamente poderá saír do centro psiquiátrico no que pasou os últimos 35 anos.

O director de ‘Matar a Reagan’ é Rod Lurie (‘Candidata al poder’, ‘Señora presidenta’) e o gañador dun Oscar Eric Simonson (‘A Note of Triumph: The Golden Age of Norman Corwin’) é o autor do guión.

O 30 de marzo de 1981, ás 14:27 h, oíronse seis disparos nos arredores do hotel Hilton de Washington. O responsable: un mozo con problemas mentais disposto a matar o Presidente dos Estados Unidos. Non o conseguiu, pero aquel día cambiou para sempre a lexislatura de Ronald Reagan e o se matrimonio.

‘Matar a Reagan’ arrinca a finais de 1980, en plena batalla entre Ronald Reagan e Jimmy Carter polo despacho oval. Ronald Reagan conseguiu gañar as eleccións presidenciais cunha folgada vantaxe coa axuda da súa protectora esposa Nancy e o seu grupo de asesores de confianza, que inclúe a Jim Baker III (Geoff Pierson, ‘Castle’), Mike Deaver (Jeff Harlan, ‘NCIS’), James Brady (Michael H. Cole, ‘Dirty Grandpa’) e Edwin Meese (Joel Murray, ‘Mad Men’).

Nos primeiros días de lexislatura, Reagan tivo que facer fronte ao Congreso e a uns baixos índices de aprobación da cidadanía.

Mentres, un mozo de 25 anos chamado John Hinckley Jr. (More) vive inmerso nunha espiral de inestabilidade mental cada vez maior. Ignora os consellos dos seus pais, que insisten para que busque axuda médica, e empeza a obsesionarse cunha nova actriz: Jodie Foster. Despois dun desastroso intento de coñecela na Universidade de Yale, Hinckley decide atraer a súa atención cunha acción extrema, inspirada en ‘Taxi Driver’: asasinar o presidente.

Aquela tarde do 30 de marzo de 1981, estas figuras tan dispares atopáronse nos arredores do hotel Hilton de Washington. Hinckley disparou seis veces sobre Reagan e o seu equipo. Un policía local, o Secretario de Prensa da Casa Branca, James Brady, e o presidente foron feridos. Un ataque que sumiu á Casa Branca e ao país nun caos que reescribiu o curso da historia: a popularidade de Reagan aumentou durante a súa recuperación e o intento de asasinato cambiou para sempre a relación coa súa muller Nancy.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios