menú
mundial atletismo

Mundial de Atletismo en pista cuberta en R

16/03/2016
Blog R

Eurosport (dial 70) emite o Mundial de Atletismo en pista cuberta que se celebrará en Portland (EE.UU.) do 17 ao 20 de marzo. Nesta edición daranse cita máis de 600 deportistas de distintos países. Representando a España haberá 15 deportistas entre os que destaca a capitá Ruth Beitia con moitas posibilidades de medalla en salto de altura. Ademais da atleta cántabra destacan no equipo español, Manuel Olmedo en 1500 metros, Pablo Torrijos en triplo salto e Borja Vivas en lanzamento de pesa.

En canto aos participantes doutros países destacan Dafne Schippers (Holanda) nos 100 e 200 metros, Genzebe Dibaba (Etiopía) en fondo, e Mutaz Essa Barshim (Qatar), quen defenderá o título logrado en Sopot en salto de altura.

Unha das probas estrela do mundial en pista cuberta será a pértega, coa presenza en categoría masculina do plusmarquista mundial e Campión Olímpico Renaud Lavillenie (Francia) e en categoría feminina de Jennifer Suhr (EE.UU.), atleta que leste mesmo ano mellorou o seu propio récord do mundo de pista cuberta ao saltar 5.03 metros.

Antonio Alix será o encargado da narración acompañado nos comentarios técnicos polo ex atleta Luís Miguel Martín Berlanas.

Aquí  podedes consultar a programación diaria do mundial que se emitirá do 17 ao 20 de marzo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*