menú

Mom’ e ‘Black-ish’ estrean tempada en TNT

08/03/2016
Blog R

As risas e o bo humor están dobremente aseguradas en TNT (dial 22) coa estrea da terceira tempada de ‘Mom’ e da segunda tempada de ‘Black-ish’ o venres 11 de marzo, a partir das 22:55 h.

‘Mom’ é unha serie producida por Chuck Lorre (‘Big Bang’, ‘Dos hombres y medio’) e protagonizada por Anna Faris (‘Scary Movie 4’) e a premiada Allison Janney (‘Masters of sex’).

Na nova entrega de ‘Mom’ poderemos coñecer á nai de Bonnie, interpretada por Ellen Burstyn, que aparece na vida das protagonistas como a ‘avoa pródiga’ despois de tantos anos. Ademais, as mozas seguirán loitando por superar as súas adiccións, lidar con exmaridos, fillos protestóns e casos que acaban en fracaso.

Pola súa banda, ‘Black-ish’ volve cunha segunda entrega moito máis guerreira e chea de situacións hilarantes, coas que calquera familia se pode ver identificada.

A nova tempada comeza cun episodio en grao sumo controvertido, xa que o pequeno da familia está a piques de ser expulsado do colexio. A familia enteira seguirá lidando con problemas cotiáns e tratando de atopar o seu lugar na comunidade a golpe de gargallada.

Cada venres, tes unha cita en primicia con ‘Big Bang’, ‘Mom’ e ‘Black-ish’ no xenuíno venres de comedia de TNT.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*