menú

Marvel vs DC Comics: ‘Especial Comic Con’ en TNT

20/07/2016
Blog R

Colacao ou Nesquik? Pepsi ou Coca cola? Os Beatles ou os Rolling? E a definitiva? Marvel ou DC? Un dos eternos dilemas da humanidade ten resposta en TNT (dial 22) o sábado 23 e o domingo 24 de xullo, a partir das 15:45 h.

TNT celebra a fin de semana da Comic Con cun especial que enfronta ás dúas grandes editoriais.El Capitán América, Iron Man, Hulk e a Viuda Negra enfróntanse con toda a artillería pesada de Marvel a tres dos heroes máis temidos da factoría de DC: Batman, The Flash e Superman.

Dúas tardes cheas de acción nas que ‘Los Vengadores’ logran salvar á humanidade dunha invasión alieníxena. Podes contemplar ao home morcego vencer e ser vencido en ‘Batman Begins’, ‘El caballero oscuro’ e ‘El caballero oscuro renace’. Recibes unha visita do afastado planeta Krypton con ‘Superman Returns’ e, por se todo isto fose pouco, ‘The Flash’ sálvate dos peores metahumanos coa emisión dos mellores capítulos da serie. E un último golpe: a emisión do especial de Robot Chicken ‘DC Cómics: Villanos en el paraíso’, no que heroes e viláns teñen que verse as caras en plena praia paradisíaca.

Dous titáns enfróntanse en TNT o sábado 23 e o domingo 24 de xullo. O teu único deber? Responder á pregunta: Marvel ou DC?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*