menú

Leva un pack relax grazas a COSMO e a ‘Mamá Contra Corriente’

17/03/2017
Blog R

COSMO (dial 25) estrea a comedia ‘Mamá Contra Corriente’ o xoves 16 de marzo ás 22:00 h.

‘Mamá Contra Corriente’ é unha serie refrescante e divertida baseada na novela ‘Momzillas’, escrita por Jill Kargman, quen tamén protagoniza a ficción.

A serie céntrase na propia Jill, que interpreta a unha versión satírica de si mesma. Jill Weber é unha muller cun gran sentido do humor e aparentemente cunha vida perfecta. Está felizmente casada, ten tres fillos marabillosos e vive no Upper East Side de Nova York. Que máis pode pedir?

Humor

Máis non todo é perfecto: ás veces sente que non termina de encaixar no seu estiloso barrio e hai momentos nos que desexaría volver á súa antiga vida rodeada de xente normal e na que non sempre tiña que ser politicamente correcta.

Aínda por riba, a familia do seu marido, os distinguidos Von Weber, non a aceptan tal e como é e tratan constantemente de cambiala mediante tratamentos de spa, vestidos glamurosos e pintauñas de cor rosa. Por sorte, Jill conta co apoio da súa mellor amiga, Vanessa (KK Glick), quen aínda non foi abducida polo exército de mulleres que habitan o Upper East Side e que só parecen ter tempo para tratamentos de beleza, murmuracións e a organización de eventos benéficos sen sentido algún.

Atrapada nunha vida na que o seu sentido do humor non é visto con bos ollos, Jill tratará de buscar o lado divertido en cada situación e compartilo coa súa mellor amiga, á vez que fai malabares para formar parte deste novo ambiente. Esforzarase por manterse fiel a si mesma mentres trata de encaixar na súa nova vida. Poderá conservar a súa personalidade e á vez adaptarse á súa nova contorna ou acabará sendo unha copia exacta da súa cuñada e as súas amigas?

Concurso

Se queres desfrutar dun pack relax grazas a Mamá contra corriente, non deixes de participar neste concurso cortesía de COSMO.

Regalamos catro packs entre os que escriban a quecheparece@mundo-r.net co asunto “Mamá contra corriente”, indicando “Que é o máis divertido de ser nai ou pai?”. Lembra poñer no correo o nome, apelidos e DNI do titular do servizo en R.

Tes de prazo ata o 27 de marzo ás 8.00h. Bases legais.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 comentarios

  1. Irene Nuñez Arias di:

    A min o que máis gracia me fai e cando a niña nena corretea con cú o aire porque non quere faces pis no wc… é moito a rapaza.. en fin…

  2. Marcos Riobo Lamas di:

    o máis divertido e poder disfrutar dos nosos fillos e ao mesmo tempo recordar cando nos eramos nenos.

  3. José Antonio Ferreiros Lapido di:

    Sus razonamientos de la vida

  4. Javier ibarguen alvarez di:

    Lo mejor de ser padre y madre sin duda es que tu hija se despierte por la noche y se meta en la cama justo en el medio de los dos para sentirse segura.

  5. Óscar veiga di:

    Lo más divertido de mis niños es cuando nos vienen a despertar un domingo por la mañana, a saltos en la cama para que les preparemos el desayuno

  6. Jose Antonio Torreiro di:

    Ser mama te permite disfrutar de los descubrimientos q ellos van haciendo de las cosas según van creciendo y tu dar marcha atrás en el tiempo cuando te pones a jugar con ellos tirada x el suelo .

  7. Jose Antonio Torreiro Mejuto di:

    Ser mama te permite disfrutar de los descubrimientos q ellos van haciendo de las cosas según van creciendo y tu dar marcha atrás en el tiempo cuando te pones a jugar con ellos tirada x el suelo .

  8. AMANDO RGUEZ di:

    Vela ir crecendo ata facerse unha muller boa ,xenerosa e juapa

  9. Maruxa di:

    O máis divertido é verme a min cando era cativa a través das ocorrencias dos meus fillos

  10. manuel julio diaz lopez di:

    Xustamente o que fai da serie un bo entretemento é esa acidez no humor

  11. angeles di:

    O mais de divertido de ser nai é as intruccións recibidas polo teu fillo/a:

    ¡Mamá ven xogar! ¡Mamá pintar! ¡Mamá comer! ¡Mamá pipi! ¡Mamá ..mamaaa maaaa! e ter empatía e imaxinar que temos a su idade

  12. Marisol Rodriguez Tesouro di:

    Lo mas divertido es sacar el niño que llevamos dentro.