menú

Malala, protagonista en National Geographic Channel

01/03/2016
Blog R

National Geographic Channel (dial 50) estrea en televisión ‘Él me llamó Malala’, o documental que dirixiu Davis Guggenheim, gañador dun Óscar por ‘Una verdad incómoda’. A cita é o domingo 6 de marzo ás 19:00 h.

É un retrato íntimo da Nobel da Paz Malala Yousafzai, que quedou gravemente ferida durante un ataque dos talibáns que sufriu cando volvía a casa no autobús do colexio, no val do Swat de Paquistán.

Este documental, que conseguiu unha nominación aos Premios Bafta, ábrenos unha xanela á vida de Malala tanto antes como despois do atentado. Tiña 15 anos cando ocorreu o incidente, cando xunto ao seu pai se converteu en obxectivo dos talibán por defender o dereito das nenas á educación.

O ataque espertou unha onda de apoio en todo o mundo. Malala sobreviviu de milagre, e agora fai campaña global en defensa do dereito das nenas á educación, como confundadora da Fundación Malala.

Davis Guggenheim amósanos o compromiso de Malala, o seu pai Zia e toda a súa familia coa loita polo dereito das nenas de todo o mundo á educación. O documental permítenos coñecer de preto a vida extraordinaria da moza, desde a súa estreita relación co seu pai, inspiración do seu amor pola educación, ata os seus apaixonados discursos nas Nacións Unidas, pasando polos momentos de risas e descanso cos seus pais e irmáns.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*