menú

M. Night Shyamalan vs os clásicos, en TCM

17/03/2016
Blog R

O sábado 19 e o domingo 20 de marzo os espectadores de TCM (dial 3) poderán comprobar a liña ininterrompida que une o cinema de M. Night Shyamalan co dos clásicos.

TCM ofrece un coloquio entre a crítica de cinema Desirée de Fez e o director Paco Plaza, quen enfrontará dúas das súas películas máis emblemáticas, ‘El bosque’ e ‘El protegido’, con títulos clásicos como ‘Tiburón’, ‘Los pájaros’, ‘La mujer pantera’ ou ‘El hombre lobo’.

Un cara a cara que será unha oportunidade para conectar a narrativa cinematográfica deste director, chea de xiros imprevistos e sorprendentes finais, coa dos seus ilustres predecesores e comprobar cales son as súas obsesións recorrentes.

M. Night Shyamalan era, segundo adoita confesar el mesmo, un neno medoso. Asustábase por todo e custáballe conciliar o soño polas noites. Aos oito anos regaláronlle unha cámara de Super-8 coa que comezou a rodar pequenas historias e puido así exorcizar os seus temores.

Agora, xa con 45, M. Night Shyamalan converteuse nun dos grandes especialistas do cinema de misterio e suspense. Películas que adoita aderezar sempre con pequenas doses de psicoloxía, terror, fantasía ou mesmo ciencia ficción. Rompeu as taquillas de billetes de todo o mundo en 1999 co seu terceiro longo, ‘El sexto sentido’, para posteriormente desenvolver un estilo persoal grazas a títulos como ‘El protegido’, ‘Señales’ ou ‘El bosque’.

M. Night Shyamalan nunca escondeu a súa admiración por mestres como Alfred Hitchcock. Mesmo lle gusta aparecer nas súas películas facendo pequenos papeis ou cameos, tal e como adoitaba facer o director inglés. O seu cine bebe claramente das esencias do cine norteamericano de terror dos anos 30 e 40 do século XX. Steven Spielberg é outro dos seus grandes referentes cinematográficos.

Sábado 19 de marzo
16:50 h.: ‘La mujer pantera’ (‘Cat People’, 1942)
18:05 h.: ‘Tiburón’ (‘Jaws’, 1975)
20:05 h.: ‘Los pájaros’ (‘The Birds’, 1963)
22:00 h.: M. Night Shyamalan vs Los clásicos: ‘El bosque’ (2016). Estrea
22:15 h.: ‘El bosque’ (‘The Village’, 2004). Estrea

Domingo 20 de marzo
16:35 h.: ‘El hombre lobo’ (‘The Wolf Man’, 1941)
17:45 h.: ‘El imperio del sol’ (‘Empire of the Sun’, 1987)
20:15 h.: ‘Psicosis’ (‘Psycho’, 1960)
22:00 h.: M. Night Shyamalan vs Los clásicos: ‘El protegido’ (2016).Estrea
22.15 h.: ‘El protegido’ (‘Unbreakable’, 2000) Estrea

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios