menú

‘Los 100’ volve a Syfy

22/01/2016
Blog R

Retorna a Syfy a súa serie máis popular. O xoves 28 de xaneiro, ás 22:20 h., estréase a terceira tempada desta historia que fala dun futuro tan posible como perigoso.

A trama trasládase a un futuro post apocalíptico, 97 anos despois dun desastre nuclear que destruíu a civilización. Na primeira tempada, vimos como os humanos que sobreviven nunha estación espacial enviaban unha avanzada de 100 mozos delincuentes para tratar de pescudar se era posible reconquistar a Terra.

Tras comprobar as dificultades para formar unha nova sociedade e sobrevivir na Terra e loitar nunha guerra, aos protagonistas tócalles agora afrontar as secuelas das terribles decisións que tiveron que tomar para vencer. Clarke afástase do resto para poder dixerir as súas accións e perdas, e a través dela
coñeceremos a sociedade dos Terrestres, os sobreviventes da apocalipse nuclear aos que se enfrontaron nas pasadas tempadas. Entre eles gañaron unha fama polo seu papel na guerra. En ausencia de Clarke, será Bellamy quen teña que liderar a ‘Los 100’ das ameazas que se presenten.

Pola súa banda, Jaha e Monty enfróntanse a unha situación moi distinta e máis relacionada coa ciencia ficción.

‘Los 100’ volve con 16 novos episodios nesta terceira tempada. Está protagonizada, entre outros, por un grupo de novos actores encabezados por Eliza Taylor e un grupo de veteranos entre os que destacan Henry Ian Cusick (‘Perdidos’) e Paige Turco (‘Person of Interest’).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios