menú

Jason Priestley, nova cara de FOX Life

13/09/2016
Blog R

FOX Life (dial 28) estrea o martes 20 de setembro, ás 22:10 h, a serie ‘Private Eyes’, na que o actor Jason Priestley comparte protagonismo con Cindy Sampson (‘Sobrenatural’, ‘Rookie Blue’).

Jason Priestley converteuse en Matt Shade, un xogador de hockey profesional xa retirado, que ten que buscar o seu sitio no mundo e se cruza cunha detective privada que lle fará reformularse absolutamente o seu estilo de vida.

Matt leva un bo susto cando o seu fillo sofre un ataque ao corazón durante un partido decisivo para o seu futuro. A análise toxicolóxica revela que consumiu drogas, algo que parece imposible para o seu pai. A familia decide contratar unha investigadora privada para que mire o caso, unha detective que se chama Angie (Cindy Sampson) e que fai que o protagonista se reformule a súa maneira de vivir e o seu futuro profesional. Ambos os dous acaban formando unha parella profesional para resolver diversos casos.

Nas últimas tres décadas, Jason Priestley traballou en todos os ámbitos da industria televisiva e cinematográfica. O actor, que se deu a coñecer ao gran público por interpretar a Brandon en ‘Sensación de vivir’ alá polos anos 90, participou en numerosas cintas; algunhas das máis recentes son ‘Away from
everywhere’, xunto a Joanne Kelly (‘Almacén 13’), ou ‘Zoom’, con Gael García Bernal (‘Amores perros’, ‘Diarios de motocicleta’). Jason Priestley tamén se atreveu a poñerse detrás das cámaras na serie ‘Call Me Fitz’, a comedia canadense que ademais producía e protagonizaba.

‘Private Eyes’ conta cunha primeira tempada de dez episodios. Completa o elenco Barry Flatman (‘Sólo amigos’, ‘La zona muerta’), que interpreta ao pai do protagonista e que lle axuda a coidar a súa filla adolescente interpretada por Jordyn Negri, unha actriz que participou en series como ‘Almacén 13’ e
‘Grizzly Cup’, entre outras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios