menú

‘Jack Iris’ chega a Sundance Channel

08/07/2016
Blog R

Sundance Channel (dial 9) estrea a serie ‘Jack Iris’ o xoves 14 de xullo ás 22:30 h.

Guy Pearce é Jack Irish, un investigador privado ao que seguiremos a pista ao longo dos seis episodios dos que consta esta primeira tempada.

Tras a morte da súa esposa, o avogado Jack Irish deixou de lado a súa profesión e a súa vida, dándose á botella e ás apostas. Agora traballa como cobrador de débedas. Pero no seu tempo libre fai uso dos seus contactos e dotes legais para resolver perigosas investigacións.

A máis recente parece unha tarefa sinxela: foi contratado por un estraño para atopar ao seu irmán desaparecido en misteriosas circunstancias. Pero as cousas tórcense cando Jack é acusado de asasinato e se ve envolto nunha complexa rede de crime organizado.

O coñecido actor australiano Guy Pearce (‘Memento’, ‘L.A. Confidential’) retoma o papel do rudo e sarcástico investigador privado ao que xa deu vida en tres películas anteriores. Adaptadas das novelas de Peter Temple, as súas historias manteñen todas as características esenciais do xénero ‘noir‘: crime, violencia, sexo e ironía.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios