menú

Humanos e máquinas, amigos e inimigos en series e cinema

23/10/2015
Blog R

Ano 2015. A tecnoloxía é unha constante no día a día dos seres humanos. Como afrontalo? Cinema e series fixáronse no tema para as súas historias, aínda que con moi diferentes perspectivas.

‘Humans’, a nova serie de AMC (dial 2), é unha das últimas en poñer o foco nesta complicada relación. Ambientada nun presente paralelo, robots de última xeración e humáns deben aprender a convivir. É a adaptación americana da produción sueca ‘Real Humans’, na que os robots se humanizan e abórdanse temas como a identidade, a humanidade e a ética nunha sociedade na que ter un robot de compañía é o normal.

‘Almost Human’, serie emitida por AXN (dial 21), mostra a humanos e androides perseguindo xuntos aos ‘malvados’ e a serie de animación ‘Futurama’, en FOX (dial 20), mergúllanos nun futuro no que robots, naves e alieníxenas conviven en boa harmonía e con gran dose de humor.

Un fillo-robot preséntasenos tamén en ‘Extant’, emitida por la Sexta (dial 116), un thriller de ciencia-ficción producido por Steven Spielberg e protagonizado pola oscarizada Halle Berry.

O cine tampouco é alleo a esta problemática tan propia do século XXI. Quen non lembra ao ‘namorado’ Joaquin Phoenix da película ‘Her’?

Máis sorprendente resulta que xa no ano 1926 Fritz Lang nos amosase a seres mecánicos coexistindo con traballadores na cidade-estado de ‘Metrópolis’. A problemática mostrada polo director austríaco tróuxonola de novo Will Smith, décadas despois. En ‘Yo, robot’ (ano 2004), é el quen tenta poñer orde nunha sociedade na que os robots son unha man de obra esencial.

Tamén Jean-Luc Godard, en ‘Alphaville (Lemmy contra Alphaville)’, enfrontou o comportamento e as emocións dos seres humanos á lóxica dunha máquina: Alpha 60.

Aínda que non sempre as máquinas son ‘inimigas’. George Lucas presentounos con ‘Star Wars’ a dous dos robots máis entrañables do cinema: C-3PO y R2-D2.

Como evolucionarán as relacións humanos-máquinas? Atentos ás novidades de series e cine.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.