menú

‘Houdini y Doyle’, os novos protagonistas de AXN

22/03/2016
Blog R

Harry Houdini, mago, artista do escape e descrido ante o paranormal. Sir Arthur Conan Doyle, creador de Sherlock Holmes e afeccionado ao inexplicable. Ambos únense para resolver estraños crimes en ‘Houdini y Doyle’, a nova serie de AXN (dial 21). Estrea dobre episodio o xoves 31 de marzo ás 22.15 h.

‘Houdini y Doyle’ inspírase en feitos reais, na amizade entre dous grandes personaxes de comezos do século XX. Ambos veranse dalgún modo forzados a unir as súas forzas coas de Scotland Yard para investigar algúns dos crimes máis inexplicables da cidade e cunha tinguidura sobrenatural. Acompañaraos na súa aventura diaria a primeira axente da policía metropolitana de Londres, Adelaide Stratton.

‘Houdini y Doyle’ é obra do creador de House, David Shore, e está protagonizada por Michael Weston (‘A dos metros bajo tierra’) e Stephen Mangan (‘Episodes’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios