menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Historia estrea ‘Bárbaros: el despertar’

12/09/2016
Blog R

‘Bárbaros: el despertar’ narra o ascenso e a caída do Imperio romano dende a perspectiva dos bárbaros, líderes das rebelións que, en última instancia, provocan a caída do Imperio. Estrea o luns 19 de setembro ás 22:00 h.

Este docudrama de oito episodios descóbrenos a historia dunha batalla de 700 anos para conseguir o poder; unha loita pola liberdade que cambiaría o rumbo da humanidade.

Roma chamaba ‘bárbaros’ ás tribos que vivían á marxe da civilización, de maneira primitiva e salvaxe; tamén eran algúns dos guerreiros máis feroces da Historia, homes e mulleres que se rebelaron contra unha potencia cruel e violenta decidida a destruír os seus pobos.

Por medio de actores de primeira fila que encarnan a iconas bárbaras como Aníbal, Espartaco, Arminio, Boudica ou Atila e a participación dun amplo grupo de expertos e colaboradores, revela a verdadeira historia que hai detrás da lenda.

No primeiro episodio, ‘Resistencia’, romanos contra bárbaros. A supremacía mundial xógase entre dous. Aníbal o cartaxinés protagoniza a primeira gran alianza para derrotar a Roma antes de que se converta nunha máquina imparable.

No seguinte episodio, ‘Frente de batalla’, o gobernador Galba case aniquila aos lusitanos, unha tribo celta do oeste da Península Ibérica.

Roma, que xa domina o Mediterráneo con man de ferro, lánzase á conquista de novas terras e toma como escravos aos bárbaros que as habitan no capítulo ‘Rebelión’. Pero, canto máis medra, máis inimigos gaña dentro das súas fronteiras: un vasto exército bárbaro espera, en estado latente, a que o seu líder emerxa. Espartaco, un escravo bárbaro obrigado a loitar como gladiador, convértese no tenaz comandante dun levantamento que supón a maior ameaza para Roma nun século.

O cuarto episodio titúlase ‘Linaje’. Nel a República convértese en imperio e prosegue coa súa política de romanización dirixida a civilizar aos bárbaros. Con todo, nin sequera o primeiro emperador, César Augusto, se decata da rebelión que se incuba dentro das súas propias filas.

E un detalle especial para os clientes de R. A protagonista de ‘Bárbaros: el despertar’ envía saúdos a R:

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios