menú

Historia estrea ‘España, ensayo de una guerra’

15/07/2016
Blog R

Historia (dial 52) analiza as claves da Guerra Civil Española na súa última serie de produción propia ‘España, ensayo de una guerra’. Non perdas a estrea desta serie de 6 episodios o vindeiro luns 18 de xullo, ás 22:00 h.

Foi a Guerra Civil Española un ensaio da Segunda Guerra Mundial? Foi un laboratorio para probar armas e estratexias? Serviu de adestramento para unha nova e horrible forma de facer a guerra?

A violenta cristalización das tensións en Europa, produto das feridas non curadas da Primeira Guerra Mundial, e a irrupción do comunismo e do fascismo, a Guerra Civil Española practicou con novas armas e converteu outras, como os carros de combate e os avións, en formidables máquinas de guerra.  Introduciu novas tácticas de combate e confirmou a importancia das materias primas, a industria e os avances científicos e tecnolóxicos.

O conflito civil español prefigurou a guerra moderna como unha loita total na que, ademais de exército e armamento, foron importantes a propaganda e o papel da poboación civil non combatente.

Próximos episodios:

  • Sitios. luns 18, 22:00 h.
  • Pactos: luns 18, 22:55 h.
  • Carros: luns 25, 22:00 h.
  • Propaganda: luns 25, 22:55 h.
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*