menú

Historia busca a D.B.Cooper

18/11/2016
Blog R

‘D.B.Cooper ¿Caso cerrado?’ relata a historia dunha das desaparicións máis mediáticas. Estrea en Historia (dial 52) o xoves 24 de novembro ás 22:00 h.

En 1971, no noroeste de EEUU, un home secuestrou e ameazou con facer estalar un avión de pasaxeiros en pleno voo se non se lle facía entrega de 200.000 dólares.

Despois de facer aterrar o aparello, recibir o diñeiro e volver despegar, o home, coñecido como D.B. Cooper, lanzouse en paracaídas con case 10 quilos de billetes de 20 dólares pegados ao torso. Tras o suceso, púxose en marcha unha das operacións de procura máis exhaustivas e custosas do século XX, pero a D. B. Cooper nunca se lle viu de novo, nin vivo nin morto. Se sobreviviu, aquel foi o golpe perfecto; se non, o acto dun demente.

O caso provocou a desesperación e a ruína aos seus perseguidores durante décadas. Agora, 45 anos máis tarde, un equipo de expertos de primeiro nivel investiu tres anos e 300.000 dólares para tentar conseguir o que as autoridades non lograron: atopar ao misterioso delincuente.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*