menú

Un fada, un abeto, unha guerreira e unha máquina do tempo, nas canles infantís

15/12/2016
Blog R

A maxia e a fantasía danse cita no Nadal nas canles infantís con novos personaxes que farán as delicias dos máis pequenos da casa.

En ‘Regal Academy’, a nova serie de Nickelodeon (dial 151), ver monstros, xigantes, alfombras máxicas ou dragóns é algo habitual para os seus estudantes. A protagonista desta divertida serie que se estrea o luns 19 de decembro ás 09:00 h é Rose Cenicienta, estudante e neta dunha das famosas fadas fundadoras da escola, como tamén o son as súas compañeiras de clase: Hawk Blancanieves, Travis Bestia, Perla Rapunzel e Violeta la Rana. Estas cinco famosas familias de fadas non só levan a escola senón tamén as vidas das súas netas. Ou polo menos téntano.

En decembro, Nickelodeon emite tamén a primeira película de animación de Nickelodeon, ‘Albert‘. É a historia dun abeto ao que lle encanta o Nadal máis que a ninguén pero, debido ao seu pequeno tamaño, estivo durante anos nun invernadoiro. Agora, xunto cos seus dous mellores amigos, unha divertida palmeira e unha revoltosa alga, Albert cruza o país para cumprir o seu soño de converterse na árbore de Nadal máis famosa do mundo. Albert espérate o venres 23 de decembro ás 16:00 h.

En Noiteboa, os preescolares son os afortunados da casa grazas a unha programación cargada de episodios especiais inspirados no Nadal en Disney Junior (dial 161). A partir das 9:50 h, os telespectadores desfrutarán dun clip do Nadal de ‘PJ Masks’ que abre paso á gran estrea de ‘Elena y el secreto de Ávalor’, un novo capítulo que sorprenderá á audiencia. A guerreira Elena de Ávalor leva atrapada 41 anos no seu inseparable amuleto esperando a que outra princesa a liberes.

O luns 26 de decembro, ás 9:50 h, Disney XD (dial 160) estrea ‘Gusano Marciano’, unha serie de animación que chega disposta a reivindicar a importancia da amizade. Danny é un optimista neno de 12 anos que crea unha máquina do tempo na súa friameira. Grazas a este peculiar invento, o protagonista coñece a un verme do futuro que non ten medo a nada. Xuntos navegan a través do espazo-tempo embarcándose en mil aventuras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios