menú

‘Graceland’ pecha as súas portas en FOX Life

14/07/2016
Blog R

FOX Life (dial 28) emite a terceira e última tempada desta serie policiaca a partir do mércores 20 de xullo ás 23:20 h.

Por fóra, ‘Graceland’ é unha casa situada nunha praia ao sur de California na que viven un grupo de mozos. Por dentro é algo diferente: trátase dun centro de operacións para axentes encubertos do FBI, a DEA (axencia antidroga norteamericana) e o control de aduanas. Un agocho perfecto no que antes vivía un traficante de drogas que era fanático de Elvis Presley.

Despois do ataque a Mike Warren (Aaron Tveit, ‘Gossip Girl’), os seus compañeiros loitan por manter certa sensación de normalidade. Aínda que a normalidade é difícil de manter nesta casa ao sur de California, especialmente despois de que Paul Briggs (Daniel Sunjata, ‘Anatomía de Grey’, ‘El caballero oscuro’) sexa coaccionado pola súa propia axencia para participar nunha operación de alto risco. Ademais, a súa compañeira Charlie Demarco (Vanessa Ferlito, ‘Los Soprano’) está a traballar nunha misión para atopar diñeiro blanqueado á que case non sobrevive.

O resto do equipo, Joe ‘Johnny’ Tuturro (Manny Montana, ‘The Chicago Code’), Dale Jakes (Brandon jay McLaren, ‘Falling Skies’) e Paige Arkin (Serinda Swan, ‘Breakout Kings’) tentan atopar a súa normalidade traballando como axentes encubertos. Todos deben colaborar e traballar para recuperar as súas vidas e reconstruír esa casa coñecida como ‘Graceland’.

‘Graceland’ é unha creación de Jeff Eastin (‘Ladrón de guante blanco’), quen tamén é produtor executivo xunto a Sean Daniel (‘La momia’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*