menú
Giro de Italia

O Giro de Italia en Eurosport

05/05/2016
Blog R

O venres 6 de maio ás 14:30 horas comeza a 99ª edición do Giro de Italia en Apeldoorn (Holanda). Eurosport (dial 70) emitirá en directo as 21 etapas da competición ciclista que finalizará en Turín o 29 de maio.

Na primeira etapa da rolda italiana haberá unha contrarreloxo individual e como na edición pasada a montaña será a gran protagonista no resto de etapas. O ciclista Alejandro Valverde será un dos representantes españois na carreira e debutará coa vitoria na xeral como obxectivo.

A programación en directo Eurosport (dial 70) durante as etapas contará cos comentarios de Antonio Alix e Eduardo Chozas. Ademais emitirá o programa ‘Giro Extra’ presentado por Juan Antonio Flecha, un dos corredores máis destacados dos últimos anos, e Ashley House. O programa emitirase dúas veces ao día, antes da conexión en directo coa etapa , sobre as 14:30, e ao finalizar esta sobre lass 17:30. Por outra banda, Laura Meseguer informará da actualidade da carreira minuto a minuto e entrevistará aos grandes protagonistas da xornada “in situ”.

Aquí podes consultar toda a programación do Giro de Italia día a día en Eurosport (dial 70) a partir do 6 de maio ás 14:30 horas.

Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios