menú

gaña unha bici con Be Bike, de A&E

17/09/2015
Blog R

Unha bici coma esta da imaxe pode ser túa se es cliente de televisión R e participas no concurso que comeza hoxe mesmo, xusto á hora de emisión da nova serie Be Bike, ás 22:55 h, na canle A&E (dial 53). Trátase do primeiro ‘factual’ producido no mundo que segue o día a día dun obradoiro de bicis, desta volta no corazón dun dos barrios máis carismáticos de Barcelona, onde se atopa a tenda protagonista: “Barceloneta Bikes”.

Pois ben, para participar no concurso o único que tes que facer é responder á sinxela pregunta “Cal é o teu personaxe favorito da nova serie de A&E Be Bike e por qué?” e mandala a quecheparece@mundo-r.net co asunto “Be bike” xunto co nome e DNI do titular do servizo en R ata o luns 21 de setembro incluído. Un xurado desta casa escollerá a que considere, por votación, a mellor resposta e o gañador levará o agasallo da bici que a canle nos ofrece para vós, os clientes de R. Podes consultar as bases do concurso aquí (http://goo.gl/HRF9bF)

E se por circunstancias non tes oportunidade de ver hoxe o primeiro capítulo de Be Bike, lembra que podes facelo de novo na madrugada do venres ao sábado (00:41 h) ou o domingo 20 ás 16:11 h. Por se fose pouco, a canle A&E, coma sabes, estase a emitir en aberto durante esta semana, para que todos os clientes de R poidades desfrutar dos seus contidos.

Unha cousa máis! Se queredes participar na “twitter party” que organiza A&E co gallo da estrea de Be Bike e gañar algún dos premios que a canle regala durante unha hora, non perdades detalle do que vos contan neste enlace: http://aetv.es/blog/twitter-party-be-bike/

Actualización: xa temos gañador. É… Javier Rodríguez.

Velaquí a súa resposta:

“Mi personaje favorito de la serie Be Bike es Xavi, el vendedor porque es una persona dinámica y divertida. Por su cabeza tienen que pasar las ideas para hacer atractivas a la gente las bicis de la tienda y eso es maravilloso para un amante de las bicis como él, al fin y al cabo,… ¡qué mejor que vender un producto del que eres un apasionado!, ¡está claro que la mente trabaja mucho mejor!

Una bicicleta puede parecer algo muy sencillo, alguien podría decir que son dos ruedas y poco más, pero la clave de una bici es que el cliente la sienta como suya, y para eso hay que trabajar con otros factores, por decirlo claramente, transmitir “el alma” de la bici. La clave está en llegar al corazón de la gente, esa es la misión de Xavi.

Cada instante, cada sensación, puede inspirar una bici, ¿por qué no hacer una bici con el cuadro decorado con la imagen mi ciudad? Eso podría pensar Xavi observando las vistas en un atardecer desde el precioso Parque Güell de Barcelona…”

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

  1. David G. di:

    Buena iniciativa. Estoy deseando participar. A ver si este fin de semana tengo un momento para ver el capitulo y mando mi respuesta para el concurso. Un SALUDO