menú

‘Fresh from Sundance’ trae as mellores películas do Festival

01/07/2016
Blog R

Directamente dende o Festival de Sundance 2016, Sundance Channel (dial 9) estrea as noites dos venres de xullo cinco películas seleccionadas, nomeadas e premiadas nun dos encontros de cine independente máis importantes do mundo.

Cada venres, ás 22:30 h, unha nova mostra de orixinalidade, innovación e calidade artística recentemente saída do certame de Park City (Utah) creado por Robert Redford.

O venres 1, emisión de ‘Mammal’, a historia dunha nai divorciada á que lle custa superar a perda do seu fillo. Nomeada na categoría ‘Gran Premio del Jurado’.

O venres 8, ‘Spa Night’, ‘Premio Especial del Jurado’, estrea na dirección de Andrew Ahn.

‘The Fits’ narra as dúbidas dunha nena que se debate entre o boxeo e a danza. Emítese o venres 15 de xullo.

‘Jacqueline Argentine’ é a película programada para o venres 22 de xullo. Orixinal thriller na que unha axente quere deter a conspiración para un asasinato coa colaboración dun descoñecido cineasta.

‘Mi amiga del parque’ pecha o ciclo o venres 29 de xullo. Co-produción arxentina-uruguaia que arrinca cunha amizade xurdida nun parque.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*