menú

FOX volve a Nova Orleans

23/02/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea a segunda tempada de ‘NCIS: Nueva Orleans’ o martes 1 de marzo ás 23:05 h., a serie producida por Mark Harmon (‘NCIS’) e Gary Glasberg (‘NCIS’).

Os novos episodios arrincan con importantes cambios no equipo de NCIS na cidade de Nova Orleans. Dwayne ‘King’ Pride, a alma do equipo interpretado por Scott Bakula (”A través del tiempo’), compra un bar en pleno centro que se converterá automaticamente no novo punto de reunión para os integrantes do equipo. Un equipo que tamén contará con novas caras nesta segunda tempada, como Sonja Percy, unha nova axente á que dá vida Shalita Grant (‘Bones’) e Patton Plame (Daryl Mitchell, ‘Plan oculto’), un novo especialista en informática. Annie Potts (‘Los cazafantasmas’) participará en varios episodios para dar vida á nai da axente Brody.

O equipo de ‘NCIS: Nueva Orleans’ segue encabezado polo axente Dwayne Pryde (Scott Bakula, ‘A través del tiempo’), nativo de Nova Orleans e que sempre ten a vontade de facer o correcto. El lidera unha unidade que investiga casos criminais relacionados con persoal militar. O seu equipo está formado polo axente especial Cristopher LaSalle, que xoga e traballa moi duro; e Meredith Brody, unha carismática e dura axente que acaba de ser trasladada e busca un novo comezo en Nova Orleans. Completa o equipo a Doutora Loretta Wade, que é tan intelixente como excéntrica.

‘NCIS: Nueva Orleans’ é unha creación do equipo de ‘NCIS’, a serie máis vista da historia da televisión. Os produtores executivos son Gary Glasberg, Mark Harmon, Jeffrey Lieber (‘Perdidos’) e James Hayman (‘Betty’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios