menú

FOX Life estrea ‘Eye Candy’

10/05/2016
Blog R

‘Eye Candy’ é a adaptación televisiva da exitosa novela de Robert Lawrence que FOX Life (dial 28) estrea o xoves 19 de maio ás 21:40 h.

Robert Lawrence Stine é un coñecido escritor estadounidense de novelas de terror dirixidas ao público xuvenil. Nos anos 80, publicou a súa primeira novela de terror titulada ‘Cita a ciegas’. Pero deuse a coñecer grazas á súa serie ‘Pesadillas’, que se converteu nun dos grandes clásicos da literatura de terror adolescente. O título contou cunha adaptación televisiva e tamén se levou á gran pantalla nunha película protagonizada por Jack Black (‘Alta fidelidad’).

Considerado por moitos como o Stephen King da literatura xuvenil, é o autor de ‘Eye Candy’, a nova serie de FOX Life.

Victoria Justice (‘Victorious’) é Lindy, unha moza cun auténtico don para a tecnoloxía que se mete no mundo das citas online animada polo seu compañeiro de piso. Nun destes encontros, Lindy coñece a un mozo misterioso que podería ser un ciberacosador con instintos asasinos. Ela traballará cos seus amigos hackers e colaborará coa unidade de cibercrime da policía para descubrir a este potencial asasino e axudar noutros crimes que se suceden nas rúas de Nova York.

Xunto a Victoria Justice, completan o elenco deste drama Casey Jon Deidrick (‘Days of our lives’), Harvey Guillen (‘Los becarios’), Marcus Callender (‘The Breaks’) e Scott Whyte (‘Vuelven los mejores’), entre outros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios