menú

FOX Life estrea ‘Extreme makeover: perdiendo peso’

13/04/2016
Blog R

‘Extreme makeover: perdiendo peso’, presentado polo adestrador persoal Chris Powell, estréase o mércores 20 de abril ás 22:30 h. en FOX Life (dial 28).

Chris Powell é escritor, presentador, adestrador persoal e toda unha figura televisiva en Estados Unidos. El é o presentador do novo programa, que tivo un grande éxito na televisión americana.

Trátase dunha lonxeva produción na que persoas con severos problemas de sobrepeso tentan cambiar os seus hábitos para conseguir perder peso e levar unha vida máis saudable. Chris Powell é o encargado de guialos e axudalos neste proceso, asegurándose de que estes participantes reciben a alimentación e a orientación adecuadas.

Cada semana coñeceremos un caso e veremos a súa evolución ao longo de dous episodios que retratan este proceso de cambio, que dura aproximadamente todo un ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios