menú

FOX Life estrea a terceira tempada de ‘Tyrant’

22/09/2016
Blog R

A terceira entrega da serie ambientada en Abbudin, un país imaxinario de Oriente Medio, chega a FOX Life (dial 20) o xoves 22 de setembro ás 22:10 h.

Barry (Adam Rayner, ‘Deseo de venganza’, ‘Hunted’) atópase no medio da tensa situación e os acontecementos sucédense sen tempo a reaccionar.

O elenco da terceira tempada conta con dúas grandes novidades. Chris Noth, o recoñecido actor que protagonizou producións televisivas como ‘The Good Wife’ ou ‘Sexo en Nueva York’, incorpórase a ‘Tyrant’ para interpretar a William Cogswell, un xeneral norteamericano que saíu de Abbudin e que volve ao país xusto cando Barry asume de maneira provisional a presidencia da nación. Aínda que inicialmente lle ofrece o seu apoio, o xeneral Coswell ten un lado escuro e un gran interese por recuperar a súa historia de amor con Leila (Moran Atias).

Outra das novas caras da terceira entrega é Annet Mahendru, a actriz de ‘The Americans’, que se converte agora en Nafisa Al-Qadi, a muller do líder político Sheik Al-Qadi.

Barry é un pediatra residente en Estados Unidos e á súa vez o fillo pequeno dun ditador que durante anos dirixiu Abbudin con man de ferro. Barry decidiu abandonar Oriente Medio hai anos para vivir como un norteamericano máis xunto á súa familia: a súa muller Molly (Jennifer Finnigan, ‘Fiscal Chase’) e os seus dous fillos adolescentes. Despois dese exilio autoimposto, Barry decidiu volver ao seu país de orixe para asistir á voda do seu sobriño. Alí reencontrouse cos seus pais e co seu irmán maior Jamal (Ashraf Barhom, ‘Ágora’), un home autoritario, descontrolado e perigoso, ao que o seu propio irmán non quere no poder.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios