menú

FOX estrea ‘Atlanta’

14/11/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea na madrugada do sábado 19 de novembro, despois do cine, unha das comedias revelación da tempada. Donald Glover (‘Community’) é o creador, produtor e o protagonista de ‘Atlanta’.

A nova sitcom segue o día a día de dous curmáns que traballan na escena musical da cidade para tentar mellorar as súas vidas e as das súas familias. ‘Atlanta’ combina humor, ironía e a arte de conseguir ‘algo mellor’.

Glover interpreta a Earnest ‘Earn’ Maks, un mozo solitario que volve á súa cidade natal despois de abandonar Princeton. Á súa chegada, descobre que o seu primo ‘Alfred Miles’ (Bryan Tyree Henry, ‘Boardwalk Empire’) tenta abrirse camiño na industria musical. Earn é extremadamente intelixente e observador, pero está moi perdido. Non atopa un traballo estable e está totalmente desilusionado, pero ve unha oportunidade no seu primo Alfred, que podería ter o potencial necesario para converterse nunha estrela e cambiar a vida de ambos.

O elenco está encabezado por Donald Glover (‘Community’), Brian Tyree Henry (‘The Good Wife’), Lakeith Lee Stanfield (‘Snowden’) e Zazie Beetz (‘Easy’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios