menú

FOX estrea a terceira tempada de ‘Sleepy Hollow’

06/07/2016
Blog R

‘Sleepy Hollow’ volve a FOX (dial 20) o sábado 9 de xullo, ás 20:25 h, cunha fascinante terceira tempada repleta de acción e intriga.

Novas aventuras para Ichabod Crane (Tom Mison, ‘La pesca del salmón en Yemen’) e Abbie Mills (Nicole Beharie, ‘Shame’), unha particular parella que leva dúas tempadas loitando contra demos, bruxos e outras tantas forzas do mal; en definitiva, seguindo as pistas a través da historia para tentar evitar a apocalipse e salvar o mundo.

A terceira tempada arrinca xusto despois do inquietante final da segunda entrega. Abbie atópase no medio dun momento de cambio no que busca un novo reto profesional, mentres Ichabod está a desexar aprender máis sobre o país ao que chegou e saír dos límites de Sleepy Hollow. Pero, como sempre, a calma desaparecerá pronto grazas a unha presenza sobrenatural que retará a esta parella de maneira absolutamente inesperada.

Os novos episodios dan a benvida á irmá de Abbie, Jenny Mills (Lyndie Greenwood, ‘Nikita’); a Betsy Ross (Nikki Reed, ‘Thirteen’), unha muller forte e intelixente do pasado de Ichabod; e tamén ao axente do FBI Daniel Reynolds (Lance Gross, ‘Crisis’), que chega como o novo xefe de policía. Tamén volven Joe Corbin (Zach Appelman, ‘Amores asesinos’) e reaparece a misteriosa Pandora (Shannyn Sossamon, ‘Wayward Pines’).

Os novos capítuos de ‘Sleepy Hollow’ contan cun crossover moi especial con ‘Bones’. Ichabod e Abbie necesitan axuda forense nun caso e deciden recorrer a Brennan e Booth para resolver os misterios do século XVIII grazas á ciencia do século XXI.

Cando o escritor norteamericano Washington Irving publicou o seu conto ‘Sleepy Hollow’ en 1820, pouco podía imaxinar que esta historia de tinguiduras góticas se ía converter nun clásico da literatura de pantasmas e nun material cobizado polo cine e a televisión.

Á versión cinematográfica de 1999 realizada por Tim Burton e protagonizada por Johnny Depp, a máis coñecida de cantas se levaron ao cine sobre ‘Sleepy Hollow’, sucederíalle a tempada pasada unha exitosa adaptación televisiva que contou co favor do público. Esta proposta, que transcende o orixinal literario para propoñer un thriller policíaco, bascula entre o final do século XVIII -en plena guerra pola independencia de Norteamérica- e a actualidade.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*