menú

FOX estrea o primeiro programa de zombis, para zombis

28/01/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea ‘Zomedy Night’, unha produción de Minoria Absoluta que reuniu a grandes humoristas para protagonizar dous programas de monólogos sobre o fenómeno zombi. Trátase do primeiro programa de produción propia. Emitirase o luns 1 e o luns 8 de febreiro ás 23:05 h., os dous luns previos á volta da sexta tempada de ‘The Walking Dead’.

Berto Romero, Goyo Jiménez, Yolanda Ramos e Agustín Jiménez son os encargados de interpretar os monólogos de ‘Zomedy Night’ e fano dunha maneira moi especial xa que tres deles maquilláronse e caracterizáronse para mostrar o seu lado máis zombi. Estes dous programas contan ademais con divertidas seccións como ‘The Ranking Dead’, que repasa algúns dos mellores momentos da serie de televisión, e entrevistas especiais con outros afeccionados ao xénero zombi como José Corbacho e Silvia Abril.

Os dous programas que forman ‘Zomedy Night’ graváronse no Teatre Principal de Barcelona con público invitado que puido desfrutar dos monólogos máis zombis da televisión. Os catro humoristas que participaron nesta produción teñen unha ampla experiencia na coñecida como stand up comedy.

Berto Romero é un recoñecido humorista e actor do noso país, que recentemente participou en películas como ‘Ocho apellidos catalanes’ e ‘Barcelona, nit d’hivern’, un traballo que combina con colaboracións televisivas e radiofónicas.

Goyo Jiménez tamén é actor e humorista e conta cunha ampla experiencia en televisión e teatro, onde actualmente está presentado o seu espectáculo ‘By the way’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios