menú

FOX estrea a sétima tempada de ‘The Walking Dead’

20/10/2016
Blog R

FOX (dial 20) emite en España a nova entrega de ‘The Walking Dead’ en versión orixinal subtitulada na madrugada do luns 24 de outubro, ás 3:30h, só media hora despois da súa estrea en Estados Unidos. A versión dobrada ao castelán estréase o mesmo luns ás 22:20h.

O universo zombie volve rodeado de incógnitas e perigos que se irán coñecendo en cada capítulo.

A tempada da serie conta con 16 episodios que se emitirán en dúas partes: a primeira entrega de oito episodios estréase o próximo 24 de outubro en todo o mundo e a segunda, composta por outros oito capítulos, estrearase en febreiro de 2017.

‘The Walking Dead’ confirmouse como a serie de televisión con maior número de procuras en internet, tal e como se recolle no informe internacional ‘Global Average Demand Rating’.

A estrea da sexta tempada desta adaptación televisiva do cómic de Robert Kirkman acadou unha audiencia media global un 37% máis alta que a tempada anterior, o que a converte na primeira serie de FOX fóra de Estados Unidos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

2 comentarios

  1. david di:

    Hola se que esto no va aquí…pero quería preguntar por la actualización del desco que iba a traer novedades,todavia esta en marcha?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*