menú

FOX estrea ‘22/11/63’

28/03/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea ’22/11/63′ en España o mércores 6 de abril ás 22:20 h. cun episodio dobre. Baseada na novela homónima de Stephen King publicada en 2011, a historia sitúase en Texas en 1960, onde Jack investiga o asasinato de Kennedy.

A nova serie é un thriller televisivo que combina o talento de J.J. Abrams (‘Star Wars: El despertar de la fuerza, ‘Perdidos’), do novelista Stephen King (‘El Resplandor’, ‘Misery’) e da produtora e guionista Bridget Carpenter (Parenthood’). O gañador dun Óscar Kevin Macdonald (‘El último Rey de Escocia’) é o
produtor executivo e o director do episodio dobre co que se abre a serie.

Un total de 9 horas de serie que mostran aos espectadores a impredicible escuridade do soño americano. James Franco interpreta ao protagonista Jake Epping, un profesor de instituto que acaba de sufrir unha perda na súa vida e sente a necesidade de facer algo que marque a diferenza e que realmente teña sentido. Animado polo seu amigo, Al Templeton (interpretado polo gañador dun Óscar Chris Cooper), Jake viaxa ao pasado para tentar evitar o asasinato do Presidente John F. Kennedy.

A historia transporta a audiencia á cidade de Texas en 1960, onde Jack investiga os misterios que rodean ao presunto asasino de Kennedy, Lee Harvey Oswald (Daniel Webber, ‘Home and Away’). Pero a misión de Jake non só se enfronta ás ameazas de Oswald, senón tamén a Sadie Dunhill (Sarah Gadon), unha bela bibliotecaria da que se namora, e ao pasado en si mesmo… que se resiste con forza a ser cambiado. E se o pasado non quere ser modificado, frearao en moitas ocasións, e a miúdo de forma violenta.

O excepcional elenco de ’22/11/63′ tamén inclúe a Cherry Jones (’24’) como Marguerite Oswald; Lucy Fry (‘Vampire Academy) interpreta a Marina Oswald; George MacKay (‘Resistencia’) como Bill Turcotte; Leon Rippy (‘Deadwood’) como Harry Dunning; Kevin J.O’Connor (‘Pozos de ambición’) como o home da carta amarela; e Josh Duhamel (‘Transformers’) como Frank Dunning.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios