menú

‘Familia de acogida’ volve a AXN White

10/03/2016
Blog R

AXN White (dial 26) estrea a terceira tempada da serie ‘Familia de Acogida’, producida por Jennifer López, o domingo 13 de marzo ás 14:20 h.

É unha serie familiar na que unha parella de nais tenta sacar adiante á súa gran familia, composta por fillos biolóxicos e adoptivos. Stef Foster e Lena Adams coidan cada día de Mariana e Jesús, de 15 anos, os seus xemelgos adoptados, e Brandon, de 16 anos, fillo biolóxico de Stef do seu matrimonio anterior.

Todo vai normal na casa ata que Callie e Jude irrompen nela. Callie Jacob e o seu irmán Jude, de 12 anos, estiveron en moitos fogares de acollida pero cando van cos Foster as cousas comezan a cambiar.

A terceira tempada da serie comeza unhas semanas despois do terrible accidente de coche sufrido por Mariana, Jesús e Ana, a súa embarazada nai biolóxica. Mentres toda a familia se enfronta á situación, Stef está decidida a buscar ao condutor responsable do choque.

Callie continúa como voluntaria no centro social onde atopa a AJ, un adolescente en acollida que busca ao seu irmán maior. Brandon comeza no programa de música de Idyllwild e moi pronto se dará conta de que deberá enfrontarse a unha dura competencia. Mentres, Jude dille a Connor que prefire manter a súa
relación en segredo na escola.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios