menú

‘Eyewitness’ chega a Calle 13

31/10/2016
Blog R

Calle 13 (dial 23) estrea o martes 8 de novembro ás 22:55 h, poucas semanas despois da súa estrea en Estados Unidos, ‘Eyewitness’, a nova gran serie de USA Network, a canle de ‘Mr. Robot’.

‘Eyewitness’ é unha adaptación dunha serie norueguesa e explora un macabro crime dende o punto de vista das testemuñas.

Dous mozos adolescentes teñen un encontro furtivo no bosque e presencian accidentalmente un tiroteo do que apenas conseguen escapar con vida. Gardan silencio aterrorizados pola posibilidade de que o asasino os atope e desesperados por manter en segredo a súa relación. Pero pronto se darán conta de que non poden deixar atrás o ocorrido e de que cando presenzas algo terrible todo cambia para sempre.

Julianne Nicholson, coñecida polos seus papeis en ‘Agosto’ ou ‘Masters of Sex’, interpreta á policía que investiga o caso, que á súa vez é a nai de acollida dun dos mozos (Tyler Young). Completan o elenco James Paxton (‘Juego de honor’), Gil Bellows (‘Cadena perpetua’) e Warren Christie (‘Alphas’).

A adaptación da serie, de 10 episodios, corre a cargo de Adi Hasak (‘Shades of Blue’), que tamén é produtor executivo xunto a Jarl Emsell Larsen, creador da serie orixinal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios