menú

Eurosport emite as 24 horas de Le Mans

14/06/2016
Blog R

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten o evento considerado como un dos máis fascinantes dentro das competicións de motor. O sábado 18 e o domingo 19 de xuño, cita coas 24 horas de Le Mans dende as 09:00 h do sábado.

Eurosport 1 e Eurosport 2 ofrecen de novo a mellor cobertura da 83ª edición da proba na que participan os mellores equipos, incluíndo a Audi, Porsche, Toyota ou Nissan.

Eurosport 1 emite 23 horas en directo e o magazine ‘Le Mans 24 minutos’, un programa diario emitido dende o Pit Lane. Do luns 13 ao venres 19 de xuño, o equipo de ‘Le Mans 24 Minutos’ recolle as últimas noticias que se producen no circuíto.

Eurosport 2, pola súa banda, completa a cobertura para que a retransmisión en directo non se deteña mentres que Eurosport 1 emite o magazine. A cobertura inclúe os adestramentos, o quecemento e a ‘Carreira de lendas’ que se disputa o sábado 18.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios