menú

Eurosport 2 comeza a súas emisións en castelán

02/07/2015
Blog R

O mércores 1 de xullo Eurosport 2 (dial 71) comezou as súas emisións en castelán, tal e como xa sucede en Eurosport (dial 70). Desta forma a imaxe será a dunha canle local, máis próxima e máis atractiva para a audiencia española.

Eurosport 2 (dial 71) ofrece unha amplia oferta deportiva na que destaca a cobertura de 3 Grand Slams de tenis, Open de Australia, Roland Garros e US Open, a Major League Soccer, competición na que participan xogadores como David Villa ou Kaká, a Eurocup de baloncesto, as Copas do Mundo de deportes de inverno como Snowboard ou esquí estilo libre ou probas ciclistas como a Volta a Andalucía, a París-Niza, a Tirreno Adriático, os 4 días de Dunkerque ou o Critérium du Dauphiné, entre outras.

Eurosport 2 (dial 71) foi lanzada no 2005 baixo o lema ‘Más Directo, Más Acción, Más Emoción’ e na actualidade é unha das canles de máis rápido crecemento en Europa, chegando a 75 millóns de fogares europeos e sendo emitido en 19 idiomas e 51 países.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios