menú

Eurosport 1 e Eurosport 2 emiten as dúas semifinais do Europeo de fútbol sala

10/02/2016
Blog R

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten o xoves 11 de febreiro as dúas semifinais do Europeo de fútbol sala que se disputa en Serbia.

A selección española busca a súa clasificación para a gran final fronte a Kazajistán, partido que se emite en directo en Eurosport 1 dende as 21:00 h. e que contará cos comentarios de Miguel Ángel Méndez e Gustavo Muñana.

A selección española despregou un gran xogo tanto na fase de grupos como nos cuartos de final, cando o equipo de Venancio López se desfixo da Portugal de Ricardinho. España é o país con máis títulos continentais e neste Europeo podería sumar o seu 7º trofeo. Pola súa banda, Kazajistán alcanzou as semifinais na súa primeira participación nesta competición tras eliminar a Italia, defensora do título.

A outra semifinal do torneo Euro Futsal 2016 enfronta a Serbia, a anfitrioa, con Rusia.

Serbia logrou a clasificación para as semifinais no último segundo do partido fronte a Ucraína e debuta nesta rolda fronte a un dos equipos históricos do fútbol sala continental. José Manuel Díaz e Julio García Mera estarán á fronte da narración. En Eurosport 2, dende as 18:30 h.

Tras as semifinais, Eurosport 2 emitirá o sábado 13 de febreiro o partido polo terceiro posto e a gran final do torneo.

Axenda do Europeo de fútbol sala:

Eurosport 2

Xoves, 11 de febreiro de 2016

18:30 h.: Fútbol Sala: Campionato de Europa, Serbia

Semifinais Serbia – Rusia

Eurosport 1

Jueves, 11 de febreiro de 2016

21:00 h.: Fútbol Sala: Campionato de Europa, Serbia

Semifinais España – Kazajistán

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios