menú
Campeonato de Europa de natación

Segue o Europeo de Natación en Eurosport

06/05/2016
Blog R

Mireia Belmonte defende os seus títulos no Campionato de Europa de natación que se celebra do 9 ao 22 de maio en Londres. Vive en directo en Eurosport (dial 70) un dos acontecementos deportivos máis destacados do calendario.

A selección española acudirá a Londres capitaneada pola súa gran estrela, Mireia Belmonte. A catalá disputará tres probas individuais, os 200 m bolboreta e os 1.500 m, distancias nas que defenderá a súa coroa continental, e os 400 m libres. Xunto á medallista olímpica, destacan no equipo español nadadores como Melani Costa, Jessica Vall, Duane da Rocha ou Marc Sánchez e os saltadores Nicolás García Boissier, Rocío Velázquez e Alberto Arévalo.

Eurosport (dial 70) ofrecerá a competición de maneira diaria do 9 ao 22 de maio cos comentarios de Marcos Robledo e o nadador paralímpico Xavi Torres.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*