menú

Prepárate para as estreas de Canal Series e Canal Series Xtra

05/08/2016
Blog R

Porque sabemos que che gustan as mellores series e aquelas das que todo o mundo fala, queremos facer un repaso por todas as estreas de agosto de Canal Series (dial 30) e Canal Series Xtra (dial 31).

Se non era suficiente con Game of Thrones, Mr. Robot, Outlander, Ray Donovan, Ballers, Penny Dreadful, Downton Abbey, Silicon Valley, Mozart in the jungle ou Master of Sex, preparáte porque en agosto veñen curvas. Colle forzas!

Canal Series (dial 30)

Absuelto (T1). Estrea en dual o mércores 3 de agosto.
Tratáse do novo grande éxito da televisión pública norueguesa, que acaba de batir marcas de espectadores. Combina un crimen que o desencadea todo co drama existencial, psicolóxico e social. Na serie, Aksel Borgen tras dúas décadas volve á súa casa, pero é rexeitado por gran parte dos veciños, familiares e antigos amigos, que non esquecen que aínda que absolto, foi acusado de matar a súa moza.

Archer (T7). Estrea en dual o sábado 6 de agosto (dobre episodio semanal).
Archer xira arredor do Servizo Secreto de Intelixencia Internacional (abreviado en inglés, con mala baba, ISIS). Entre os seus empregados está Sterling Archer, un espía con aires de sedutor, prepotente e demasiado seguro de si mesmo para o pouco eficiente que resulta. Trátase dunha comedia de animación para adultos gamberra, sen vergoña e que non se corta nada.

El hombre de tu vida (T2). Estrea o xoves 18 de agosto.
Segunda tempada da aclamada comedia arxentina do cineasta Juan José Campanella (El hijo de la novia, El secreto de sus ojos). A serie céntrase en Hugo Bermúdez, un home común e corrente, que está a punto de descubrirse como o obxecto de amor de centos de mulleres.

Review (T1). Estrea en dual o sábado 6 de agosto.
Comedia sobre un auténtico periodista de raza, MacNeil. Cada semana, no programa que presenta, quere mostrar aos seus espectadores como se viven en carne propia as experiencias máis intensas. Así que aborda temas como o sexo con descoñecidos, o divorcio, o despido do traballo ou o crime.

The Good Wife (T1). Estrea o luns 1 de agosto (episodio diario de luns a xoves).
Revive unha das series máis coñecidas e que crean adición, premiada cun Globo de Oro e con cinco premios Emmy. Ademais, The Good Wife conta co que posiblemente sexa o mellor grupo de personaxes secundarios e actores convidados da televisión. A serie relata o día a día de Alicia Florrick, a muller do fiscal xeral de Illinois que dá un xiro á súa vida cando o seu home é imputado por corrupción.

Canal Series Xtra

Spotless (T1). Estrea o martes 2 de agosto.
Dos creadores de CSI e Shameless (UK), chega este drama policíaco con toques de comedia. A vida de Jean cambia cando o seu irmán Martin lle pide axuda cun cadáver cheo de droga. Mentras loita por non perder o control sobre a súa vida e a súa familia, Jean intenta adaptarse a un novo ritmo no que a corrupción, o tráfico de drogas e os asesinatos son o pan de cada día. Pola súa banda, Martin, o criminal, iníciase na vida doméstica e familiar.

Gangsta (T1). Estrea o venres 5 de agosto (dobre episodio semanal)
Serie de anime ambientada na cidade de Ergastulum, un lugar sombrío e cheo de ladróns, prostitutas e policías corruptos, onde teñen lugar sucesos atroces. Neste contexto aparecen Nic e Worick, os chamados Handymen, que se encargan de facer os traballos sucios que ninguén quere, ata que un policía lles pide axuda para acabar cunha banda que loita polo territorio dunha das mafias máis poderosas.

Ray Donovan (T4). Estrea versión dual o venres 5 de agosto.
O arranxa-problemas máis solicitado e eficiente dos Ángeles busca a súa redención na cuarta tempada. Tras a súa intensa batalla coa mafia armenia, Ray busca reconectar coas crenzas abandonadas anos atrás, ao tempo que busca redimirse coa súa familia. Protagonizado por Liev Schreiber, con 3 nominacións aos Globos de Oro e dúas aos premios Emmy polo seu papel.

Lembra, todo isto e máis en Canal Series (dial 30) e Canal Series Xtra (dial 31). E non deixes de coller enerxías, porque en setembro se estrea a T4 de Masters of Sex, a T2 de Poldark, a T1 de Arma letal, a T4 de Blacklist, a T3 de Line of Duty e moitos outros contidos. E se non tes contratadas estas canles, podes facelo directamente co mando R a través da televisión 

Un saúdo e forza aos serie-adictos!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

6 comentarios

  1. ana fdez di:

    cuanto me incrementaria la cuota el canal plus series

  2. leo di:

    Canal series NO,se llaman Movistar series y Movistar series Xtra

  3. Sira di:

    La serie The Good Wife… solo echarán la temporada 1??? El resto de temporadas???

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*